O ‘Mar de Piques’ da XXXIV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña arrastra a 23.390 persoas e pulveriza todos os rexistros

Este dato de asistencia é o máis alto desde o ano 2011. O mércores, o xoves e o domingo rexistráronse os números máis altos desde hai 14 anos.  O día de maior afluencia foi o venres, 18 de abril, con 6.876 persoas.

Un total de 23.390 persoas foron arrastradas polo ‘Mar de Piques’ da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, sendo este o dato de asistencia máis alto acadado desde o ano 2011 e demostrando que nin o mal tempo é capaz de rebaixar o poder de atracción que ten o principal evento de moda en España en Semana Santa. 

Outro ano máis, destaca sobre todos os días a xornada do venres, onde 6.876 entraron ao recinto, só superado pola cifra rexistrada o mesmo día do ano 2015. O segundo mellor día foi o xoves, con 6.311 asistentes.

Ademais, o mércores, o xoves e o domingo rexistráronse os números máis altos desde hai 14 anos. O mércores visitaron a Mostra 1.459 persoas e o xoves fixeron o propio 6.311 persoas.

A Mostra segue a afianzarse como un dinamizador para o turismo e a hostelería de todo Camariñas pero sobre todo son os stands alí presentes os que se benefician do público chegado de todas as partes de Galicia, de España, e de diferentes puntos de todo o mundo que atrae o evento. 

Posts relacionados

Stolt Sea Farm e Frigoríficos de Camariñas renovan patrocinio para a Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

Stolt Sea Farm e Frigoríficos de...

Ambas empresas, afincadas no municipio,  reforzaron as liñas do acordo de colaboración. Ademais, haberá degustación de rodaballo e de polbo…
A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

A XXXIII Mostra do Encaixe de...

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
Cristina Gamallo convértese na gañadora do XXX concurso de Noveis Deseñadores coa colección Camino

Cristina Gamallo convértese na gañadora do...

A xornada de clausura da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.