Recunchos internacionais, exhibicións artesás en vivo, stands e moito máis na  XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

No pavillón Víctor Vigo daranse cita artesáns e artesás chegadas de varios puntos da xeografía galega e nacional, así como dos países de Bulgaria, Hungría, Italia, Polonia e Portugal. As demostracións artesás serán dos oleiros de Buño, de Artesanía Nía, de Artesanía Corman, de Suso Calo – Lobo Tolo e de Tejas Pintadas. En clave solidaria haberá tamén lugar para a Asociación Española contra o Cancro e a Ataxia de Friedreich; tamén haberá Punto Violeta. Tanto a Deputación da Coruña como o Concello de Camariñas contarán con stands propios.

A XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña dará para moito, e o visitante poderá adquirir nos diversos postos de Encaixe de Camariñas pezas exclusivas de enxoval doméstico, complementos de moda ou souvenirs realizados con Encaixe de Camariñas.

No pavillón Víctor Vigo, desde o 16 ao 20 de abril, daranse cita artesáns e artesás chegadas de diferentes puntos de Galicia e España, así como de Bulgaria (Sofía), Hungría (Kiskunhalas), Italia (Novedrate e Trapani), Polonia (Bobowa) e Portugal (Peniche e Serra D’el Rei). 

Ademais, no eido solidario, estará presente outro ano máis a asociación STOF FA, unha entidade que aglutina a persoas afectadas pola Ataxia de Friedreich a nivel nacional, para contribuír a continuar coa investigación que se está a levar a cabo para avanzar no tratamento da enfermidade. Unha iniciativa que nace a partir da petición de María Jesús González Souto. 

Haberá espazo novamente para a Asociación Española contra o Cancro e contaremos con Punto Violeta. Tanto a Deputación da Coruña como o Concello de Camariñas contarán con stands propios, ademais de Encaixe Azul e APTCM.

No caso das demostracións artesanais en vivo, serán cinco (5) as que se poderán contemplar: Artesanía Corman, demostracións co torno de vidro; Artesanía Nía, con obradoiros de Miyuki; Olería de Buño, con demostracións co torno e obradoiros de barro; Suso Calo – Lobo Tolo, con demostración de pirogravados e Tejas Pintadas, que demostrará como é a montaxe de bixutería en pedra natural. 

Stands das palilleiras

Neste apartado teremos ata dezasete (17) propostas, entre as que destacan Ana Trasariz, a Asociación de Palilleiras Nosa Señora da Barca de Muxía, a Asociación de Mulleres Rurais de Moraime, Arte en Palla, “As Nemanquiñas” de Vimianzo, a Asociación Profesional de Palilleiras de Rendas, a Asociación Puntillas de Camariñas, El Rincón de los Sueños, Encaixa-T, Encaixes Arjomil, Encaixes Belén, Encajes Gelina de Camariñas, Encaixes Maruja de Camariñas, Fiando Miúdo, Galencaixe, Nadia en Vela e O Cornechiño de Lita.

Stands de artesanía

Son ata dez (10) os postos de artesáns e artesás que estarán presentes no pavillón Víctor Vigo: Antolín Piel, Artesanía Corman, Artesanía Nia, Fils i Agulles Carme Espriu, Malas Hierbas Artesanía, Miña Terra, Suso Calo – Lobo Tolo, Tejas Pintadas, Olería de Buño e Xacarandá.

Posts relacionados

Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
Anna García Viu convértese na gañadora do XXVII concurso de Noveis Deseñadores coa colección The Beautiful Brut

Anna García Viu convértese na gañadora...

Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero acadou o segundo posto do certame, mentres que Déjame Encajar,…
Camariñas premia a traxectoria de catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe

Camariñas premia a traxectoria de catro...

Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron este recoñecemento. A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.