A Mostra do Encaixe amplía a súa oferta cultural con seis presentacións literarias

Xesús Búa, Alfonso de Sas, Icía Varela e Xosé Manuel Varela, Xan Fernández, Ana García e Josefina Campaña exporán ao público as súas derradeiras obras literarias. A camariñá Agueda Antelo agasallará aos nenos e nenas das escolas municipais o libro ‘Un viaje por el espacio’.

A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña continúa ampliando a súa oferta cultural. Nesta XXXIV edición, que comezará o mércores 16 de abril, contará con seis presentacións literarias. Trátase das publicacións de Xesús Búa, Alfonso de Sas, Icía Varela e Xosé Manuel Varela, Xan Fernández, Ana García e Josefina Campaña.

A primeira destas presentacións será o xoves 17 de abril, ás 12:00 horas. O fotorxonalista Xesús Búa presentará ‘Homes e Mulleres de Sal e Ferro’, unha publicación que describe a xornada completa de traballo dos percebeiros e percebeiras de Camariñas e Muxía, en plena da Costa da Morte.

O mesmo día ás 12:30 horas a pandereteira Icía Varela e o especialista Xosé Manuel Varela presentarán ‘Cantareiras’, un percorrido polo legado da música e a poesía popular, a tradición das pandeireteiras.

O venres 18 ás 12 horas Josefina Campaña presentará o seu primeiro libro ‘De niña artesana a mujer’. Logo, ás 12:20 horas, Xan Fernández presentará a guía ‘Camariñas, un mar de encaixe’, un acto que estará presentado polo comunicador Marcial Mouzo.

O sábado 19,  ás 11:40 horas, Alfonso de Sas presentará unha nova edición de ‘El Cementerio de los Ingleses’. Por último, o mesmo sábado, ás 12 horas, a fotoxornalista Ana García presentará a súa publicación ‘Mar de Ardora, Mar de Galicia’, un compendio de fermosas imaxes sobre a maxia que pode crear a bioluminiscencia mariña.

Ademais, o sábado, despois dos desfiles da mañá, a camariñá Agueda Antelo agasallará aos nenos e nenas das escolas municipais de palillo co seu libro ‘Un viaje por el espacio’. 

Posts relacionados

Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
Anna García Viu convértese na gañadora do XXVII concurso de Noveis Deseñadores coa colección The Beautiful Brut

Anna García Viu convértese na gañadora...

Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero acadou o segundo posto do certame, mentres que Déjame Encajar,…
Camariñas premia a traxectoria de catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe

Camariñas premia a traxectoria de catro...

Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron este recoñecemento. A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.