O espazo ‘Gourmet entre encaixes’ repite na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas 

Volverá a habilitarase unha zona dedicada ao sector alimentario, na que se poderán instalar food trucks e outro tipo de postos. As empresas que estean interesadas en instalarse xa poden facer as súas solicitudes.

O espazo dedicado ao sector alimentario ‘Gourmet entre encaixes’, que se estreou con éxito na última edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, repetirá este ano na trixésimo cuarta edición do evento, que se celebrará do 16 ao 20 de abril de 2025.

Nesta zona, que volverá a contar cunha decoración especial e disporá de vixilancia de seguridade as 24 horas do día, poderán instalarse food trucks e outro tipo de postos de venta directa de produtos alimentarios. Alí tamén se situará o bar da Mostra e habilitarase un espazo con mesas e cadeiras para que o público asistente á Mostra poida degustar alí mesmo os produtos que merque. 

As empresas ou particulares interesados en participar poden facer as súas solicitudes ou solicitar máis información a través do correo electrónico dolores.lema@camarinas.net, chamando por teléfono ao 981 737 004 ou por Whatsapp no 653 265 529.

Estará aberto desde o mércores 16 de abril ás 15 horas ata o domingo 20 de abril, en horario continuo de 11 a 21 horas de xoves a domingo.

Cartel Gourmet entre Encaixes 2025

Cartel Gourmet Entre Encaixes 2025

Posts relacionados

Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
Anna García Viu convértese na gañadora do XXVII concurso de Noveis Deseñadores coa colección The Beautiful Brut

Anna García Viu convértese na gañadora...

Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero acadou o segundo posto do certame, mentres que Déjame Encajar,…
Camariñas premia a traxectoria de catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe

Camariñas premia a traxectoria de catro...

Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron este recoñecemento. A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.