Devota&Lomba aplica o encaixe de Camariñas na súa nova colección ‘Bellas Artes’

As pezas, inspiradas no cadro ‘La Primavera’ de Giuseppe Arcimboldo, serán presentadas o luns 9 de setembro na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. A recoñecida firma nacional aposta de novo polo encaixe como elemento distintivo e de vangarda nas súas coleccións.

A recoñecida firma nacional Devota&Lomba, asidua nos desfiles de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, decidiu aplicar o encaixe camariñán na súa nova colección, ‘Bellas Artes’, que presentará o luns 9 de setembro na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, dentro da iniciativa ‘Madrid es Moda’.

Para a elaboración das pezas, inspiradas en ‘La Primavera’, o retrato metafórico e maneirista de Giuseppe Arcimboldo, Devota&Lomba encargou un encaixe único, deseñado especialmente para este motivo, realizado en diferentes cores e cun denominador común: a esencia floral. A aplicación nos vestidos busca darlles volume e aportar unha sensación 3D.

Así, a firma, liderada por Modesto Lomba, con raíces galegas, concretamente no Grove, aposta unha vez máis polo encaixe de Camariñas como elemento distintivo e de vangarda nas súas coleccións.

Posts relacionados

O Encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra 

O Encaixe de Camariñas brilla con...

Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto,…
José Matteos desdobra a súa creatividade na XXXV Mostra do Encaixe con MATTEÔS Bridal e ÔSE Couture

José Matteos desdobra a súa creatividade...

A colección nupcial chegará a Camariñas directamente dende a súa presentación en París, mentres que a liña conceptual porá o…
Unha das referencias da moda de baño en España estará un ano máis na Mostra do Encaixe de Camariñas: Dolores Cortés

Unha das referencias da moda de...

A deseñadora valenciana comezou a súa traxectoria no mundo das pasarelas no ano 1999, debutando na súa cidade natal. 
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.