A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de veciños e veciñas do municipio que se achegaron ao evento este ano, 8.544 persoas, superando amplamente neste sentido a calquera edición.

Un total de 16.689 persoas deixáronse sorprender na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, demostrando que nin o mal tempo é capaz de rebaixar o poder de atracción que ten o principal evento de moda en España en Semana Santa. 

Destaca sobre todos os días a xornada do venres, onde 6.318 persoas entraron ao recinto, sendo este o mellor dato dun venres desde o ano 2015. O segundo mellor día foi o sábado, con 3.757 asistentes. 

En total, foron 16.689 persoas as que cruzaron a entrada da Mostra do Encaixe nestes 5 días. A Mostra é un dinamizador para o turismo e a hostelería de todo Camariñas pero sobre todo son os stands alí presentes os que se benefician do público chegado de todas as partes de Galicia, de España, e de diferentes puntos de todo o mundo que atrae o evento. 

Outro dos datos a destacar desta trixésimo primeira edición foi o espectacular número de veciñas e veciños do municipio que acudiron, coa invitación do Concello, ao evento. En total foron 8.544 os camariñáns que visitaron a XXXIII Mostra do Encaixe, superando amplamente aos datos de calquera das anteriores edicións. O ano pasado, foron 1.302 veciños e veciñas. 

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense nos gañadores do XXXI concurso de Noveis Deseñadores coa colección Mitra

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Ritual de lume e sombra, de Yara González Barral, acadou o segundo posto do certame, mentres que Paint it colors,…
O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXIV Mostra do Encaixe

O encaixe traspasa fronteiras no desfile...

Chegan desde diferentes países: Arxentina, Bulgaria, Hungría, Italia, Portugal, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os…
Alfonso de Sas e Ana García pechan as presentacións literarias da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas

Alfonso de Sas e Ana García...

Hoxe, sábado 19 de abril, Alfonso de Sas e Ana García foron os encargados de poñer punto e final á…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.