A asturiana Ana Cabranes tamén participará na pasarela de ‘Grandes Firmas’ da XXXIII Mostra do Encaixe

Presentará a súa colección “La notte rosa”, na que reflicte a súa personalidade e a versatilidade de cada unha das prendas. Participou no evento de xeito ininterrompido desde o ano 2003, e os seus looks formaron parte de carteis de pasadas edicións.

A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña reúne, como de costume, grandes nomes do mundo da moda. A asturiana Ana Cabranes non podía faltar a esta cita, que presentará a súa colección “La notte rosa”, na que reflicte a súa personalidade e a versatilidade de cada unha das prendas. Participou no evento de xeito ininterrompido desde o ano 2003. Algúns dos seus looks forman parte da historia da Mostra, xa que figuraban en carteis de pasadas edicións.

“Xa van moitas edicións para min nesta Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña e considérome unha privilexiada por estar aquí e aportar o meu grao de area a este marabilloso mundo e a esta arte tan magnífica”, asegura Cabranes. 

A deseñadora subliña que ano tras ano trata de incorporar o Encaixe do xeito que máis lle gustaría lucir a ela unha prenda, amosando a elegancia pero con contraste entre elementos que dean perfecta visibilidade a este tecido nas prendas.

“Creo que en canto aos meus deseños non son a máis revolucionaria, e quizais non chame a atención tanto como o fan outras grandes artistas, pero manteño a esencia que tiña na miña primeira andaina e isto fai que a prenda sexa especial en todos os sentidos”, asegura.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES