Mar Barral repite a súa participación no ‘ArtEncaixe’ cunha homenaxe á Romaría Vikinga de Catoira

A artista, natural de Vilagarcía de Arousa, é unha especialista na técnica xaponesa do raku e tamén no ecoprint, sendo esta a súa terceira participación.

Mar Barral repetirá este ano a súa participacións na pasarela ‘ArtEncaixe’ da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, onde xa amosou en varias ocasións que artesanía e moda combinan á perfección. 

Especializada na técnica do raku e o ecoprint, é pioneira na aplicación da estampación botánica na cerámica. Natural de Vilagarcía de Arousa, leva máis de dúas décadas reinventando a disciplina desde a súa tenda-obradoiro en Catoira.  

Ela mesma se reivindica como “un laboratorio de ideas” nunha terceira participación que supón “un novo reto e saír da miña zona de confort”. “O Encaixe de Camariñas aporta ás miñas pezas elegancia, delicadeza e distinción, e a colección deste ano terá como tema vehicular a romaría viquinga de Catoira”.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES