Os seis irmáns da banda deseñada máis famosos de Galicia, Os Bolechas, non se queren perder a Mostra 2024

Os seis irmáns da banda deseñada máis famosos e famosas de Galicia, Os Bolechas, non se perderán a XXXIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará do 27 ao 31 de marzo de 2024.

Para esta ocasión, editarase unha publicación especial, e como non pode ser doutra maneira, co encaixe como protagonista. ‘Os Bolechas veñen aprender a palillar en Camariñas’ é o título escollido. Os propios protagonistas entregarán a publicación ás alumnas e alumnos da Escola municipal de Palillo. 

Está previsto que tamén realicen a entrega de premios ás encaixeiras e encaixeiros infantís, a cativada que, ano tras ano, garante a transmisión xeracional desta centenaria e singular maneira de tecer os fíos e entender a vida.

Así, si eres fan de Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia, Tatá e o seu inseparable cadeliño Chispa, tes outro motivo para visitar Camariñas esta Semana Santa. Na triséximo terceira edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. 

Posts relacionados

Moita música na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas con Fillas de Cassandra, Budiño e Soledad Vidal

Moita música na XXXIV Mostra do...

As e os artistas ofrecerán recitais o mércores, xoves e domingo.
Teatro e moito humor na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas 

Teatro e moito humor na XXXIV...

David Amor participará o sábado 19 de abril na pasarela Deputación da Coruña co monólogo Love está en el aire.…
A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

A XXXIII Mostra do Encaixe de...

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
gl_ESGL_ES