‘Gourmet entre encaixes’, un novo espazo que se estreará na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas 

Habilitarase unha zona dedicada ao sector alimentario, na que se poderán instalar food trucks e outro tipo de postos. O custe para as empresas por estar presentes neste espazo é de 370 euros.

O Concello de Camariñas estreará un novo concepto na XXXIII Mostra do Encaixe De Camariñas Deputación da Coruña: o ‘Gourmet entre encaixes’, un espazo dedicado ao sector alimentario no que se poderán instalar food trucks e outro tipo de postos de venta ao público.

Esta nova zona, na que tamén se situará o bar da Mostra e que contará con vixilancia de seguridade as 24 horas do día, terá unha decoración ambiental especial e contará cun espazo con mesas e sillas para que o público asistente á Mostra poida degustar alí mesmo os produtos que merque. 

O custe que teñen que asumir as empresas por estar presentes neste espazo é de 370 euros, IVE incluído. Estará aberto desde o mércores 27 de marzo ás 15 horas ata o domingo 31 de marzo, en horario continuo de 11 a 21 horas de xoves a domingo. 

Para máis información as empresas interesadas poden chamar aos teléfonos 653 265 529 ou 653 276 388.

Posts relacionados

O deseñador andaluz José Perea, primeira confirmación dos Grandes Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

O deseñador andaluz José Perea, primeira...

O recoñecido creador cordobés aterrará na pasarela galega esta Semana Santa xusto despois de presentar as súas coleccións en Malta…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
Camariñas convoca as bases do XXXII concurso de Noveis Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe

Camariñas convoca as bases do XXXII...

O prazo para presentar os traballos remata o 1 de decembro de 2025.  Repartiranse 4.500 euros en premios, con galardóns…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.