A Olería de Buño, Mar Barral e Susi Gesto, no desfile deArtEncaixe’ da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Esta será a primeira participación na Mostra da firma local Ondas do Mar, mentres que Suso Calo e Estilo Aramar repiten.

O desfile de ‘ArtEncaixe’ da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña conta con tres novas confirmacións: Os oleiros de Buño, Mar Barral e Susi Gesto, todos coñecedores do que supón desfilar na alfombra vermella da Mostra.

Outro ano máis a tradición dos oleiros de Buño volve a mesturarse co encaixe de Camariñas. Nesta ocasión faino grazas ás expertas mans dos obradoiros de Olería Feituras. 

Segundo Feituras, “participar na Mostra representando á Olería de Buño supón toda unha honra” e explica que “o encaixe apórtalle ás nosas creacións naturalidade, grazas á unión de dúas artesanías moi distintas pero que maridan á perfección”.

Para Olería Feituras “é todo un reto xa que conxugar as dúas artesanías é moi complicado” pero destaca que “o resultado de xuntar barro e encaixe é precioso, dálle unha nova visión ao que facemos”. 

Mar Barral afronta o seu segundo ano no desfile de ArtEncaixe “con moita ilusión” e adianta que “presento unha colección na que fago unha intervención cerámica no traxe tradicional galego feminino”. “O encaixe de Camariñas ás miñas pezas apórtalle un toque de elegancia e distinción”, afirma.

Por último, Susi Gesto valora a súa participación como “unha oportunidade de experimentar unha simbiose do encaixe de Camariñas co encaixe que conforma a mais pura filigrana da Ourivería Compostelá, leva as pezas a outros terreos que non tiña explorados”. “Ademais da experimentación con novos materiais tamén me permite afondar en colaboracións interesantes en todo oproceso, como a que fixen coa artista plástica Ana Gesto e o músico e artesán Pablo Pascual”, afirma. 

“Nesta ocasión a colección que estou creando parte da inspiración principal no Art Noveau, ademais aportamos unha nova reinterpretación do Sapo, a peza tradicional por excelencia da ourivería galega así como introducimos e deseñamos novas pezas”, indica.

Posts relacionados

Camariñas convoca as bases do XXXIII concurso de Noveis Deseñadores da XXXVI Mostra do Encaixe

Camariñas convoca as bases do XXXIII...

O prazo para presentar os traballos remata o 1 de decembro de 2026.  Repartiranse 4.500 euros en premios, con galardóns…
O Concello continúa a colaboración con Zara Home con dúas novas toallas con encaixe de Camariñas

O Concello continúa a colaboración con...

Por segunda ocasión, xurdiron dous produtos que xa están á venta: unha toalla de flocos e un set de dúas…
Unión histórica entre o Concello e Pull&Bear para crear unha colección cápsula con encaixe de Camariñas

Unión histórica entre o Concello e...

Sandra Insua, Encarna Liñeiro e a directora da Mostra, Dolores Lema, estiveron hoxe en Madrid, na Galería Belmonte, na presentación…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.