Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, no concerto da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

Será o sábado 16 de abril ás 22:00 horas na Praza do Mercado e, pola tarde, o pandereteiro fará un adianto sobre a pasarela da Mostra. Será o primeiro concerto ao aire libre deste ano para Xabier Díaz, que interpretará cancións do disco ‘As catedrais silenciadas’.

O recoñecido pandeireteiro galego Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre serán os protagonista do concerto XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará o sábado 16 de abril as 22:00 horas na Praza do Mercado da vila.

O artista estivo hoxe no Museo do Encaixe coa alcaldesa, Sandra Insua, a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, e os concelleiros Sergio Caamaño e Begoña Tajes para formalizar esta nova data na súa axenda. Alí a concelleira anunciou que, antes do concerto da noite, Xabier fará un pequeno adianto do seu repertorio sobre a pasarela da XXXI Mostra do Encaixe.

Esta será a primeira actuación ao aire libre deste ano 2022 para Xabier Díaz, que continúa así coa xira de presentación de ‘As Catedrais silenciadas’ (Músicas de Salitre 2020), o terceiro e máis recente traballo coas Adufeiras de Salitre, un álbum que reflexiona sobre o despoboamento, o abandono do rural e o risco de perdermos a identidade e a cultura propia nunha sociedade como a galega.

Posts relacionados

Camariñas convoca as bases do XXXIII concurso de Noveis Deseñadores da XXXVI Mostra do Encaixe

Camariñas convoca as bases do XXXIII...

O prazo para presentar os traballos remata o 1 de decembro de 2026.  Repartiranse 4.500 euros en premios, con galardóns…
O Concello continúa a colaboración con Zara Home con dúas novas toallas con encaixe de Camariñas

O Concello continúa a colaboración con...

Por segunda ocasión, xurdiron dous produtos que xa están á venta: unha toalla de flocos e un set de dúas…
Unión histórica entre o Concello e Pull&Bear para crear unha colección cápsula con encaixe de Camariñas

Unión histórica entre o Concello e...

Sandra Insua, Encarna Liñeiro e a directora da Mostra, Dolores Lema, estiveron hoxe en Madrid, na Galería Belmonte, na presentación…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.