As firmas Silvereira e Noelia Peña estarán no ArtEncaixe da XXX Mostra

Silvereira e Noelia Peña, dúas oportunidades máis para comprobar o efecto do Encaixe na artesanía. Ámbalas dúas firmas participarán na pasarela ArtEncaixe na triséxima edición da Mostra de Camariñas. Previamente á inauguración celebrarase un Pleno da corporación para investir a Xosé Luis Blanco Campaña como fillo predilecto da vila mariñeira. Tamén se celebrará nesta edición o ‘I Torneo de Xadrez Mostra do Encaixe Camariñas’.

As firmas Silvereira e Noelia Peña serán dúas oportunidades máis para comprobar o efecto do Encaixe na artesanía, xa que ámbalas dúas firmas participarán na novidosa pasarela ArtEncaixe na XXX Mostra de Camariñas Deputación da Coruña.

A primeira achegará ata Camariñas unha colección exclusiva para este evento, ‘Madeiriñas’, conformada por varios conxuntos de xoiaría que combinan a madeira maciza, prata e o Encaixe de Camariñas. Para Silvereira é unha “oportunidade” o poder participar no triséximo aniversario da Mostra porque “se pon en valor a artesanía galega”. “O Encaixe sempre foi un referente neste ámbito e son pezas que se transmiten de xeración en xeración con orgullo e sempre están de actualidade”, sinalan. Cabe destacar que a primeira colección Sivereira de xoiaría en madeira e prata naceu na Mostra do Encaixe celebrada no ano 2010.

Pola súa banda, Noelia Peña amosará en Camariñas a súa colección de xoias inspirada nun barroco medieval, que se caracterizan por un gran tamaño e un predominio da cor dourada. Estas pezas serán principalmente colares, pendentes e bolsos. Para ela será a primeira vez que participe na Mostra e amósase “tremendamente feliz. É un reto porque empregarei o Encaixe na miña colección e estou desexando que chegue o día”, admite.

Nesta edición tamén se celebrará o ‘I Torneo de Xadrez Mostra do Encaixe Camariñas’ o martes 12 de outubro de 2021, no pavillón da Ponte do Porto. Haberá roldas con 7-8 partidas de dez minutos por xogador. Para formalizar as inscricións pódese chamar ao teléfono 617 234 393 ou no enderezo pokeryajedrez@gmail.com, ata o 11 de outubro. As bases completas pódense consultar en www.pokeryajedrez.com. Será válida para o V Circuíto Internacional de Xadrez Deputación da Coruña 2021.

Pleno para investir fillo predilecto a Blanco Campaña

O día 8 de outubro ás 16:00 horas celebrarase un Pleno extraordinario da corporación do Concello de Camariñas para nomear fillo predilecto a Xosé Luis Blanco Campaña. Será antes da inauguración oficial.

As firmas Silvereira e Noelia Peña estarán no ArtEncaixe da XXX Mostra

Posts relacionados

Camariñas presentará a súa campaña turística e a a XXXIV Mostra do Encaixe en Madrid, na Feira Internacional de Turismo ‘Fitur’ 2025

Camariñas presentará a súa campaña turística...

Sandra Insua presentará o xoves 23 de xaneiro, no stand de Turespaña, a campaña turística para 2025 e a trixésimo…
‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII Mostra do Encaixe durante a Semana Santa

‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, a vicepresidenta segunda…
Trinta e cinco promesas da moda participarán no XXX Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e cinco promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.