O Museo do Encaixe xa forma parte da ‘Homo Faber Guide’, unha guía dos museos máis relevantes de Europa no sector da artesanía

A finais do ano pasado realizouse un proceso de documentación fotográfica de todo o material do museo para remitilo á Michelangelo Foundation, creadores da guía.

O Museo do Encaixe de Camariñas xa formar parte da ‘Homo Faber Guide’, unha guía que seleccionou o máis interesante da artesanía e o deseño no ámbito europeo.

Toda a información sobre o espazo museístico camariñán e imaxes do que poderán atopar nel os visitantes está xa dispoñible na páxina web da guía, a través da seguinte ligazón: https://www.homofaberguide.com/en/visit/visit-camari-as-lace-museum

A finais do ano 2020 o Concello de Camariñas estivo levando a cabo un proceso de documentación fotográfica de todo o material do museo para remitirllo, xunto con información de cada peza e datos xerais do Museo do Encaixe, á Michelangelo Foundation, creadores da guía.

O proxecto https://www.homofaberguide.com/ ten como obxectivo destacar aos mellores artesáns de Europa e a aqueles museos, galería, obradoiros e tendas máis relevantes do sector, así como facilitar as alianzas dentro da comunidade. É unha plataforma moi atractiva visualmente, na que cada referencia ou institución ten a súa propia páxina con fotos, texto sobre a súa actividade e datos útiles (localización, horarios, etc.).

“Continuamos co noso proceso de internacionalización do encaixe a través da inclusión do museo neste proxecto” destacou a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, que explicou que “queremos que se converta nun foro de contacto para a comunidade de artesáns pero tamén nunha ferramenta para difundir a artesanía entre o público interesado”.

Que é o Homo Faber

A Michelangelo Foundation é unha institución internacional dedicada a impulsar a artesanía e o deseño. No 2018 organizou por primeira vez o encontro de artesanía ‘Homo Faber’, único das súas características, que exhibiu obras de máis de 400 artesáns e deseñadores europeos. Este ano tería que celebrarse en Xapón a segunda edición, que se tivo que pospor a 2021 debido á expansión da COVID-19.

Posts relacionados

Alfonso de Sas, con ‘1898-El Padre Ausente’, e Xan e Antonio Fernández, con ‘A Costa da Morte, naturalmente única’, rematan as presentacións literarias da XXXV Mostra do Encaixe

Alfonso de Sas, con ‘1898-El Padre...

A programación literaria consolídase no evento, que acolleu 5 presentacións nos últimos 3 días.  
O camariñán Diego Garrote, con ‘Ángeles Acusadores’, continúa coas presentacións literarias da XXXV Mostra do Encaixe

O camariñán Diego Garrote, con ‘Ángeles...

Mañá, sábado, 4 de abril, continuarán Alfonso de Sas, Xan Fernández Carrera e Antonio Fernández. 
Nerea Pallares, con ‘Punto de Araña’ e Anxo Mouzo, con ‘A Princesa Dourada’, estrean as presentacións literarias da XXXV Mostra do Encaixe

Nerea Pallares, con ‘Punto de Araña’...

Mañá, venres 3 de abril, e o sábado, 4 de abril, continuarán Diego Garrote, Alfonso de Sas, Xan Fernández Carrera…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.