Benvidos á web da Mostra do Encaixe

A web da Mostra do Encaixe renóvase completamente cun deseño moderno e atractivo para adaptarse aos novos tempos. Todo o que ocorra no mundo da Mostra do Encaixe estará a partir de agora nun so lugar.

A nova páxina web da Mostra do Encaixe xa está aquí cun deseño innovador e atractivo. Despois de meses de traballo xa temos a primeira fase desta web que terá como misión a de recopilar toda a información sobre o evento encaixeiro máis importante do mundo así como tamén informar do seu día a día.

A partir de agora, todos aqueles que desexedes coñecer o programa da mostra, os deseñadores invitados ou os xoves modistos que van a participar no Concurso de Nóveis Deseñadores non teredes máis que escribir www.mostradoencaixe.es no voso navegador. Con este proxecto dende o Concello de Camariñas queren rematar coa dispersión endémica que supoía depender só das redes sociais para comunicar as novidades do certame artesá por excelencia de Galicia.

Pero esto non rematará aquí. A web da Mostra estará en constante crecemento para dar un maior servizo a todos os fans tanto do arte milenario camariñán como da pasarela da Mostra que está considerada unha das máis importantes de España. Ahí é nada. Toda a Mostra do Encaixe de Camariñas, a partires de agora, na súa páxina web.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense nos gañadores do XXXI concurso de Noveis Deseñadores coa colección Mitra

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Ritual de lume e sombra, de Yara González Barral, acadou o segundo posto do certame, mentres que Paint it colors,…
O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXIV Mostra do Encaixe

O encaixe traspasa fronteiras no desfile...

Chegan desde diferentes países: Arxentina, Bulgaria, Hungría, Italia, Portugal, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os…
A Mostra pon en valor a labor dos nenos e nenas da Escola Municipal de Palillo, o futuro do encaixe

A Mostra pon en valor a...

Despois do desfile de PequEncaixe recibiron como agasallo o libro ‘Un viaje por el espacio’, da camariñana Águeda Antelo. A…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.