Continua o proceso de gravación dos vídeos da II Mostra Virtual

Modelos locais do Concello de Camariñas son as protagonistas destes videos que se están a gravar arredor dos recunchos máis significativos do territorio municipal. Os autores de ditos videos son os estudantes do grao de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña.

Nos últimos días están a levarse a cabo as gravacións dos vídeos para a II Mostra Virtual, coa finalidade de promocionar a aplicación do encaixe na moda e a vangarda a través das coleccións dos Jóvenes Deseñadores e, á súa vez, as paisaxes do municipio. Desde a Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña queremos agradecer ao alumnado do grao de Comunicación Audiovisual a súa labor elaborando estas pezas audiovisuais.

E para aderezar esta boa nova, a continuación vos amosamos unha reportaxe que o equipo do programa informativo da TVG Telexornal realizou durante as tarefas de gravacións destes videos promocionais nos que a muller camariñana é protagonista ao 100%.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES