O Combo Dominicano e Irma Macías actuarán na Mostra para recadar fondos para a investigación da ataxia

Tanto a orquestra como a cantante doarán á asociación STOP FA os cartos que paga o Concello pola súa actuación. Ademais no pavillón haberá un stand da asociación para facer compras ou donativos.

A programación da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña incluirá os concertos solidarios do Combo Dominicano e Irma Macías, que estarán en Semana Santa en Camariñas co obxectivo de recadar fondos para a investigación da ataxia.

Tanto a orquestra, que actuará na clausura, como a cantante vimiancesa e vocalista de Luar na Lubre, que participará na xornada inaugural acompañada do guitarrista Xaquín Rama, doarán a asociación STOP FA, unha entidade que aglutina a persoas afectadas por esta doenza a nivel nacional, os cartos que paga o Concello pola súa actuación para contribuír a continuar coa investigación que se está a levar a cabo para avanzar no tratamento da enfermidade.

Esta iniciativa sae a raíz da petición que María Jesús González Souto, nai dun rapaz con ataxia e integrante de STOP FA, fai á alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, para articular algunha vía para recadar fondos para a asociación.

O Combo Dominicano e Irma Macías actuarán na Mostra para recadar fondos para a investigación da ataxia

“Todos temos claro que a Mostra do Encaixe de Camariñas é artesanía, tradición, moda ou vangarda, pero tamén é solidariedade, e por iso decidimos poñer o noso gran de area para botar unha man a estas familias que están a sufrir tanto pola falta de avances na investigación”, explica Sandra Insua.

María Jesús González adianta que, durante os 5 días da Mostra, terán un stand no que se poderán comprar diferentes prendas, produtos, rifas ou facer donativos dirixidos a STOP FA. Ademais, o Concello aportou un chal de encaixe, que se venderá neste posto solidario.

Publicaciones relacionadas

Los escritores Antonio Puertas y Manuel Vázquez presentan sus obras en la XXXIII Mostra do Encaixe

Los escritores Antonio Puertas y Manuel...

El camariñano Antonio Puertas escribió el libro 'Camariñas mi rincón, Beldoña mi barca'. Manuel Vázquez 'El placer de la lluvia', una…
La vicepresidenta del Gobierno, Yolanda Díaz, luce unos pendientes de encaje de Camariñas, regalo del Ayuntamiento

La vicepresidenta del Gobierno, Yolanda Díaz,...

Sandra Insua se reunió con la vicepresidenta del Gobierno en FITUR y se comprometió a enviarle este producto. Yolanda Díaz agradeció el detalle…
Treinta y cinco promesas del diseño de moda participarán en el XXX Concurso de Nuevos Diseñadores de la Feria del Encaje de Camariñas 

Treinta y cinco promesas de moda...

Hoy se han dado a conocer los nueve diseñadores finalistas de este certamen, que pertenecen a escuelas de diferentes puntos de Galicia y…
es_ESES