Suso Calo e Ondas do Mar repiten no desfile de ‘ArtEncaixe’

Suso Calo, especializado en artesanía en prata e talla, cree que “o encaixe aporta un plus de creatividade” ás súas pezas, como “nos pendentes de encaixe con armazón en prata”.  A firma local Ondas do Mar, de Josefina Campaña, só adiante que “este ano levarei á Mostra luz e vida a través do noso encaixe”.

Continúan as confirmacións para o desfile de ‘ArtEncaixe’, neste caso con dúas artesáns que repiten na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña: Suso Calo e a firma local Ondas do Mar. 

Suso Calo, especializado en artesanía en prata e talla, cree que “o encaixe aporta un plus de creatividade” ás súas creacións e pon de exemplo “os pendentes de encaixe con armazón en prata, unha peza case exclusiva para Camariñas”. 

Suso Calo e Ondas do Mar repiten no desfile de ‘ArtEncaixe’

Este ano daralle “máximo protagonismo ao encaixe, non hai machadas pero por suposto que haberá algún complemento sorpresa” e salienta que a Mostra “é unha cita imprescindible para min a boa resposta que recibo do público”.

Pola súa parte, a camariñana Josefina Campaña, de Ondas do Mar, repite xa que “nunca pensei que a miña xente valorase tanto o meu traballo”. Sentinme valorada, querida e arroupada polo que volver á Mostra significa darlle mil grazas ao meu pobo”, afirma. D

“O meu encaixe de Camariñas, porque como camariñana eu fago o meu, aporta luz, vida, frescura e, sobre todo, innovación”, salienta Josefina Campaña, que adiante que este ano “ levarei á Mostra luz e vida, a través do noso encaixe. Non hai outra explicación”.

Related posts

Os escritores Antonio Puertas e Manuel Vázquez presentan as súas obras na XXXIII Mostra do Encaixe

Os escritores Antonio Puertas e Manuel...

O camariñán Antonio Puertas escribiu o libro ‘Camariñas meu curruncho, Beldoña miña barca’. Manuel Vázquez ‘O pracer da chuvia’, unha…
The Vice President of the Government, Yolanda Díaz, wears lace earrings from Camariñas, a gift from the City Council

The Vice President of the Government, Yolanda Díaz,...

Sandra Insua met with the Vice President of the Government at FITUR and promised to send her this product. Yolanda Díaz thanked her for the detail…
Thirty-five promising fashion designers will participate in the XXX New Designers Competition of the Camariñas Lace Fair 

Thirty five promises of fashion...

Today, the nine finalist designers of this event were announced, who belong to schools from different parts of Galicia and…
en_GBEN