Convocadas as bases do certame de Noveis Deseñadores para a XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

O prazo para presentar os traballos comeza hoxe, martes 7 de setembro, e remata o 3 de decembro de 2021, venres. Repartiranse un total de 4500 euros en premios.

O Concello de Camariñas acaba de convocar as bases do certame de Noveis Deseñadores para a vindeira edición da Mostra do Encaixe De Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará entre os días 13 e 17 de abril do ano 2022.

O principal obxecto do concurso é fomentar e promocionar a aplicación do Encaixe de Camariñas na moda, concedéndose mediante a valoración do xurado oficial tres premios ás mellores coleccións, ademais dun premio especial do público. O primeiro premio constará de 2.100 euros, o segundo de 1.200 euros, e tanto o terceiro como o premio especial do público terán unha dotación económica de 600 euros cada un.

O prazo para presentar os traballos comeza hoxe, martes 7 de setembro, e remata o 3 de decembro do 2021, venres. Os catro deseños que compoñan a colección teñen que ter aplicado encaixe de Camariñas e non serán aceptados os que presenten outro material.

Poden concorrer á convocatoria todos os noveis deseñadores con independencia da súa nacionalidade ou país de residencia, sempre que sexan alumnas e alumnos que estean cursando estudios nos centros que impartan ensinanzas de deseño e técnicas de confección, teñan ou non os seus estudos rematados; e todas aquelas persoas vencelladas o mundo do deseño que, aínda sendo profeional no campo da moda, non formen parte dun equipo de deseño neste mundo.

A participación poderá facerse individualmente ou en grupo, neste último caso sendo o máximo de integrantes tres persoas. Cada aspirante presentará unha colección composta por 4 deseños. O tema e a modalidade é libre tanto para moda masculina como feminina. Quedan exluídos os deseños de moda infantil.

Para a presentación da documentación, poderá facerse na Casa do Concello de Camariñas, praza de Insuela número 57, en horas de oficina, de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e por correo postal certificado.

A concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, agarda “un gran éxito na participación, logo da situación adversa que todas e todos tivemos que afrontar”, apreciación á que se une Dolores Lema, directora da Mostra, que se amosa “tremendamente ilusionada por un certame que será lembrado como o primeiro tras a crise do coronavirus”.

Related posts

The XXXIII Camariñas Lace Exhibition surprises 16,689 people

The XXXIII Lace Show of...

The day with the highest attendance was Friday, March 29, with 6,318 people. Notable was the spectacular number of…
Cristina Gamallo becomes the winner of the XXX New Designers competition with the Camino collection

Cristina Gamallo becomes the winner of the...

The closing day of the XXXIII Camariñas Lace Exhibition of the Provincial Council of A Coruña served to meet the winners of the…
International lace brings a mix of cultures to the XXXIII Camariñas Lace Fair

International lace brings a mix...

They come from different countries: Bulgaria, Slovakia, France, Gran Canaria, Italy, Poland, Portugal and the Czech Republic. The volunteers of the…
en_GBEnglish (UK)
This website uses cookies. You can see the Cookies Policy here. If you continue browsing you are accepting it.    See
Privacidad