Camariñas celebrará o XXX Aniversario da Mostra do Encaixe Deputación da Coruña no mes de outubro

A inauguración da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas celebrarase o venres 8 de outubro, e a clausura será o martes 12, día do Pilar. En Semana Santa, data tradicional de festexo deste evento, organizaranse actividades adaptadas ao contexto sanitario vixente, ao aire libre, e co Encaixe como elemento protagonista.

O Concello de Camariñas anuncia que o XXX Aniversario da Mostra do Encaixe Deputación da Coruña celebrarase no mes de outubro, concretamente entre o 8 e o 12, martes e día do Pilar.

Logo dunha extensa deliberación e de múltiples conversacións cos sectores que vertebran a economía do municipio, “sería terrible suspender por segundo ano consecutivo a Mostra do Encaixe”, subliña a alcaldesa, Sandra Insua.

“Será un evento que estará marcado pola pandemia, aínda que agardamos que a situación nos últimos meses do 2021 sexa moito mellor que a que temos agora”, recalca Encarna Lineiro, a concelleira de Encaixe. “Contemplamos estritas medidas de seguridade e hixiene e controlaremos os aforos de todas as salas”, di a edila.

Pola súa banda, a directora da Mostra, Dolores Lema, anuncia que “con todo, organizaremos durante a Semana Santa, actividades ao aire libre e adaptadas ao contexto sanitario vixente, que terán o Encaixe como elemento protagonista”.

E que a idea non é outra que combinar ambas celebracións. Por unha banda, a virtual, que tanto éxito tivera como alternativa no pasado 2020 e con “algunha que outra sorpresa”; e por outro lado, a presencial, sempre atendendo “á evolución da situación e con moita precaución”, insisten desde o Concello.

Spot oficial da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

Related posts

The XXXIII Camariñas Lace Exhibition surprises 16,689 people

The XXXIII Lace Show of...

The day with the highest attendance was Friday, March 29, with 6,318 people. Notable was the spectacular number of…
Cristina Gamallo becomes the winner of the XXX New Designers competition with the Camino collection

Cristina Gamallo becomes the winner of the...

The closing day of the XXXIII Camariñas Lace Exhibition of the Provincial Council of A Coruña served to meet the winners of the…
International lace brings a mix of cultures to the XXXIII Camariñas Lace Fair

International lace brings a mix...

They come from different countries: Bulgaria, Slovakia, France, Gran Canaria, Italy, Poland, Portugal and the Czech Republic. The volunteers of the…
en_GBEnglish (UK)
This website uses cookies. You can see the Cookies Policy here. If you continue browsing you are accepting it.    See
Privacidad