Ainhoa Conde inaugura as presentacións literarias da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

A autora, nada en Cee, fixo unha fermosa interpretación do seu libro ‘Devotos do destino. Alén do Vilán’, unha obra de poesía que supón unha reflexión interna e de sentimentos por Galicia e o océano. O eido literario complementa unha programación variada que encherá de actividades culturais Camariñas durante cinco días.

A sala de desfiles da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña acolleu hoxe a primeira das tres presentacións literarias que se celebrarán durante o evento. Ainhoa Conde, autora ceense, foi a encargada de estrear hoxe, xoves 6 de abril, esta programación literaria.

Ainhoa Conde fixo sobre a pasarela unha fermosa interpretación do seu libro ‘Devotos de destino. Alén do Vilán’. Trátase dunha obra de poesía que supón unha reflexión interna e de sentimentos por Galicia e o océano. Os fragmentos, baseados case na súa totalidade en vivencias da autora, reflicten 66 historias de amor, desalento, loita, sacrificio, alegría e morriña. Conde, nacida en Cee, compaxina a súa labor de poeta co traballo de inspectora de seguridade marítima.

Ainhoa Conde inaugura as presentacións literarias da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Ana de las Heras e Alfonso de Sas

Pola súa banda, o venres 7 de abril, ás 12:00 horas, será o turno para Ana de las Heras e o seu libro ‘Travesías del sentir’. A escritora ofrece neste volume un conxunto de relatos corto cheos de humor, maxia e transformación que narran o cotiá dun xeito sinxelo grazas a pór o foco nos pequenos detalles que fan grande a vida. Nacida en Madrid e afincada en Oleiros, De las Heras é enxeñeira industrial ademais de autora.

Por último, o sábado 8 de abril, Alfonso de Sas presentará ‘El Cementerio de Los Ingleses’. A partires das 12:00 horas o autor ourensán falará dun libro de ficción que está inspirado no naufraxio do HMS Serpent nas costas de Camariñas en 1890, motivo polo cal se construíu o mítico cemiterio do mesmo nome. Na obra explórase a relación que xorden como consecuencia da traxedia entre os residentes no lugar e os membros do Imperio Británico. De Sas, nado en Ourense, estudou Dereito e traballou en Comercio Internacional antes de decidirse, xa xubilado, a publicar a súa primeira obra.

Estas tres presentacións literarias son parte dun programa longo e variado que compón a XXXII edición da Mostra do Encaixe e encherá de actividade Camariñas durante cinco días.

Publicaciones relacionadas

Nueva web de la Mostra do Encaixe: modernidad, accesibilidad y mejor experiencia

Nueva página web de la Exposición de Encaje:...

La Feria del Encaje de Camariñas da un paso adelante en su estrategia digital con el lanzamiento de su nueva web…
La reconocida firma Aveda será la encargada del servicio de peluquería en la pasarela de la Mostra do Encaixe

La reconocida firma Aveda será la...

La marca, que participa en desfiles de moda en todo el mundo, enviará un equipo de entre 8 y 10 personas a…
La reconocida soprano Soledad Vidal actuará en el XXXIV Festival del Encaje de Camariñas Diputación de A Coruña

La reconocida soprano Soledad Vidal actuará...

La artista originaria de Camelle y el pianista Aurelio Viribay pondrán la banda sonora al evento con su espectáculo ‘Cantares…
es_ESES