Esteban Freiría e Ana Cabranes confirman a súa asistencia ás pasarelas da XXX Mostra do Encaixe

Esteban Freiría e Ana Cabranes confirman a súa asistencia ás pasarelas da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. O primeiro, en firmas, e a segunda, na sección ArtEncaixe, ensinarán as súas últimas creacións do 8 ao 12 de outubro no municipio camariñán.

‘Candean City’ será a colección que presente Esteban Freiría, inspirada nos western que o deseñador visionaba cando era novo, con composicións para “vivir a vida” e seis deseños nos que mestura Encaixe de Camariñas, ganchete feito por él mesmo e pintura téxtil. Para algunha das pezas, Freiría recuperou Encaixe dos que se empregaron nas primeiras edicións da Mostra. Tamén exporá pezas orfebres deseñadas pola súa sobriña, Ana Freiría.

O deseñador vigués afincado en Marbella xa elaborara hai uns meses unha colección de mascaras contra a COVID-19 con Encaixe de Camariñas, e amósase “moi ilusionado por presentar unha colección que quedará na retina dos e das asistentes. Prometín que a ía liar e así será”.

A deseñadora asturiana tamén repetirá concurso, como Freiría, e xa “perdeu a conta das veces que asistiu a Camariñas coas súas coleccións”, nun evento “moi especial e no que poderei estar por primeira vez na sección ArtEncaixe”, sinala a asturiana, que se atopa “moi feliz por ser parte da triséxima Mostra, que quedará para a historia”.

Posts relacionados

A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

A XXXIII Mostra do Encaixe de...

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
Cristina Gamallo convértese na gañadora do XXX concurso de Noveis Deseñadores coa colección Camino

Cristina Gamallo convértese na gañadora do...

A xornada de clausura da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do…
O encaixe internacional trae unha mestura de culturas á XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

O encaixe internacional trae unha mestura...

Chegan desde diferentes países: Bulgaria, Eslovaquia, Francia, Gran Canaria, Italia, Polonia, Portugal e República Checa. As voluntarias e voluntarios da…
es_ESEspañol
Este sitio web utiliza cookies. Puedes consultar la Política de Cookies aquí. Si continúas navegando estás aceptándola.    Ver
Privacidad