Inauguración da exposición fotográfica "Palilleiras. Presente e Futuro"

Hoxe tivo lugar o acto inaugural da mostra, titulada ‘Palilleiras. Presente e futor’, formada polas fotografías dun proxecto da fotógrafa Ana García. Sandra Insua destacou que "poucos homenaxes son tan merecidos como este xa que as palilleiras son o maior símbolo de Camariñas e en moitas partes do mundo coñécennos grazas á súa labor". O director de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, explicou que "sempre estaremos ao lado do sector artesano e este é un dos máis destacados da comunidade".

Hoxe a praza da Insuela, fronte á casa consistorial do Concello de Camariñas, acolleu o acto inaugural da exposición ‘Palilleiras. Presente e futuro’ que permanecerá neste espazo ata o mes de outubro co obxectivo de render homenaxe ao traballo das palilleiras, unha tradición convertida en profesión que forma parte do patrimonio do municipio.

Trátase dunha pequena homenaxe ao labor e esforzo das palilleiras que, xeración tras xeración, fan do Encaixe de Camariñas unha arte única no mundo. As fotografías dos 22 tótems que se instalarán forman parte dun proxecto realizado en decembro de 2019 por Ana García, fotógrafa da Voz de Galicia.

Inauguración da exposición fotográfica "Palilleiras. Presente e Futuro"

Un mércores como hoxe, se se celebrase a Mostra tradicional, tería lugar a inauguración oficial e no día de hoxe conmemorouse esta tradición co corte da cinta por parte da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia; e a fotógrafa Ana García.

Sandra Insua, explicou que “poucos homenaxes son tan merecidos como este xa que elas son o maior símbolo de Camariñas e en moitas partes do mundo coñécennos grazas á súa labor e esforzo creando arte a través do encaixe” e felicitou a Ana García “por permitirnos gozar desta fermosa exposición”.

Manuel Heredia explicou que “sempre estaremos ao lado do sector artesán e este é un dos máis destacados da comunidade” e pola súa parte, Ana García, destacou que “é imposible non enamorarse do encaixe de Camariñas e isto é unha homenaxe ao labor e esforzo das palilleiras”.

Posts relacionados

A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

A XXXIII Mostra do Encaixe de...

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
Cristina Gamallo convértese na gañadora do XXX concurso de Noveis Deseñadores coa colección Camino

Cristina Gamallo convértese na gañadora do...

A xornada de clausura da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do…
O encaixe internacional trae unha mestura de culturas á XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

O encaixe internacional trae unha mestura...

Chegan desde diferentes países: Bulgaria, Eslovaquia, Francia, Gran Canaria, Italia, Polonia, Portugal e República Checa. As voluntarias e voluntarios da…
es_ESEspañol
Este sitio web utiliza cookies. Puedes consultar la Política de Cookies aquí. Si continúas navegando estás aceptándola.    Ver
Privacidad