The urban aesthetics of Innamoretto and the Atlantic fashion of elPulpo come together on the Great Designers catwalk of the 35th Lace Exhibition

A firma galega elPulpo regresa tras o seu éxito en 2024 e amplía os seus deseños con propostas femininas para a súa liña 'Teen' coa súa colección cápsula "Encaixe de Amor". O dúo asturiano Innamoretto debuta no evento para fusionar o 'streetwear', a xastrería clásica e a pel coa tradición das palilleiras.

A pasarela de Grandes Deseñadores da XXXV edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña presentará dúas propostas que, desde enfoques moi distintos, demostran a inmensa versatilidade do encaixe na moda actual. O evento contará co agardado regreso da marca galega elPulpo e o gran debut da firma asturiana Innamoretto.

Tras sorprender en 2024 demostrando que o encaixe ten un oco enorme na moda actual, elPulpo volve a Camariñas para celebrar este 35º aniversario como unha homenaxe ás súas raíces e a Galicia. Para a marca, formar parte deste evento supón un honor e un privilexio ao poder incluír unha arte tan tradicional e especial que se entrelaza coa súa visión da moda.

Este ano, o equipo de deseño de elPulpo desenvolveu catro propostas especiais. A gran novidade é que, tras presentar unicamente pezas masculinas na súa última participación, nesta ocasión diversificaron e ampliaron os seus deseños pensando no público feminino a través da súa liña elPulpo Teen.

Nas súas propostas masculinas, a marca dálle unha volta ás prendas máis casuais reinterpretando o seu icónico logo e aplicando detalles de encaixe nas prendas superiores, xogando con elementos románticos e sofisticados pouco habituais na moda para home. No eido feminino, apostaron por customizar a liña Teen cunha estética boho e desenfadada, reflectindo estilismos propios de calquera localidade costeira galega no verán.

Canle, explica que a colección cápsula, bautizada como “Encaixe de Amor”, “será o mix perfecto entre tradición e modernidade, cun claro predominio de azuis e verdes (cores da natureza galega) sobre tecidos lixeiros e comfy”. “Ademais, esta colaboración reforza a nosa filosofía de slow fashion e sustentabilidade, apostando por prácticas respectuosas e recoñecendo que a técnica das palilleiras é unha arte viva”, engade.

Innamoretto: o contraste do ‘streetwear’ e a artesanía

Compartindo pasarela estará Innamoretto, unha marca que debuta oficialmente neste gran escaparate e que está impulsada por dous mozos asturianos apaixonados pola moda e a pel. A súa filosofía baséase en crear prendas artesanais e únicas (moitas adaptadas a medida), combinando a pel con outros tecidos e inspirándose na música, o deporte ou distintas épocas.

A firma destaca por fusionar o estilo urbano coa xastrería clásica. Segundo explican os deseñadores, Ignacio Muñoz e Claudia González, mesturar o tradicional encaixe de Camariñas cunha estética tan actual resúltalles moi divertido, xa que lles permite xogar cos contrastes, unir moda contemporánea con artesanía e achegar estas técnicas a novas xeracións.

Aínda que xa coñecían a Mostra como espectadores, presentar a súa propia colección supón o seu verdadeiro “punto de saída” como deseñadores. Fieis ao seu estilo, prefiren manter a sorpresa sobre as prendas que subirán á pasarela, pero aseguran que buscarán romper esquemas para que o público quede coa sensación de ver algo moi orixinal, diferente a anos anteriores, e con ganas de descubrir os seus futuros proxectos.

The urban aesthetics of Innamoretto and the Atlantic fashion of elPulpo come together on the Great Designers catwalk of the 35th Lace Exhibition

Related posts

Thirty-four promising fashion designers will participate in the XXXII New Designers Competition of the Camariñas Lace Fair 

Thirty-four fashion promises...

Today, the nine finalist designers of this event were announced, who belong to schools from different parts of Galicia and…
Estefanía Orgaz and Pedro Orgaz become the winners of the XXXI New Designers competition with the Mitra collection

Estefanía Orgaz and Pedro Orgaz become...

Ritual of fire and shadow, by Yara González Barral, achieved second place in the competition, while Paint it colors,…
Lace crosses borders in the parade of the International Delegations of the XXXIV Lace Exhibition

Lace crosses borders at the show...

They come from different countries: Argentina, Bulgaria, Hungary, Italy, Portugal, Poland and Spain. The volunteers of the Mostra are the…
en_GBEN
Logo-XXXIV-Sample-of-Encaixe-min
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.