María Campaña, Bikkos e Xelis Luaces, as derradeiras confirmacións das grandes firmas

Xunto a María Campaña, Bikkos e Xelis Luaces estará tamén Sandra Amorote Workshop que pechará as participacións na novidosa sección ArtEncaixe.

Os derradeiros nomes que se confirman para participar nos desfiles de Grandes Deseñadores nesta XXX Edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña son María Campaña, Bikkos e Xelis Luaces, que conformarán un cartel de gala para o triséximo aniversario.

María Campaña, a deseñadora local, é unha asidua á cita, onde tamén a acompañarán o muxián Xelis Luaces e Bikkos, este proxecto téxtil cuxa finalidade é aportar unha maneira de vestir con personalidade, a todas as persoas.

Sandra Amorote Workshop pecha as participacións na novidosa sección ArtEncaixe, un taller de artesanía na estampación, inspirado na puntilla de Camariñas. “O Encaixe de Camariñas merece unha destacada posición an nosa cultura”, anuncia Sandra, quen di que é “totalmente inspirador ver como cada persoa interpreta e dá forma ás súas pezas”.

Related posts

A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

A XXXIII Mostra do Encaixe de...

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
Cristina Gamallo convértese na gañadora do XXX concurso de Noveis Deseñadores coa colección Camino

Cristina Gamallo convértese na gañadora do...

A xornada de clausura da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do…
O encaixe internacional trae unha mestura de culturas á XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

O encaixe internacional trae unha mestura...

Chegan desde diferentes países: Bulgaria, Eslovaquia, Francia, Gran Canaria, Italia, Polonia, Portugal e República Checa. As voluntarias e voluntarios da…
en_GBEnglish (UK)
This website uses cookies. You can see the Cookies Policy here. If you continue browsing you are accepting it.    See
Privacidad