A Mostra do Encaixe establece un convenio coa UDC para a realización dos vídeos da segunda Mostra Virtual

Hoxe tivo lugar unha reunión telemática de presentación e organización do proceso de gravación dos vídeos do certame de Xóvenes Deseñadores, que se publicarán en Semana Santa.

A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña e a facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña (UDC) estableceron un convenio polo que os alumnos e alumnas do grao de Comunicación Audiovisual poderán ter como prácticas a realización dos vídeos da segunda Mostra Virtual.

Hoxe, mércores 3 de febreiro, tivo lugar unha reunión telemática de presentación e organización do proceso de gravación das pezas audiovisuais do certame de Xóvenes Deseñadores, que se publicarán en Semana Santa. No encontro participaron as alumnas, Rosario Mourille, Noelia Fernández e Ángela Vanessa); o seu titor, Iván Puentes; a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro; e a directora do evento, Dolores Lema.

As gravacións comezarán en breve e levaranse a cabo en diferentes localizacións do Concello de Camariñas coa finalidade de promocionar a aplicación do encaixe na moda e a vangarda a través das coleccións dos Xóvenes Deseñadores e á súa vez as paisaxes do municipio. Ditas gravacións faranse aplicando un estrito protocolo de seguridade seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias.

Actualmente a organización da Mostra do Encaixe está a buscar modelos de Camariñas para participar nos vídeos e calquera persoa que estea interesado ou interesada en participar pode comunicalo por correo electrónico en dolores.lema@camarinas.net ou no teléfono 653 265 529.

Posts relacionados

A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

A XXXIII Mostra do Encaixe de...

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
Cristina Gamallo convértese na gañadora do XXX concurso de Noveis Deseñadores coa colección Camino

Cristina Gamallo convértese na gañadora do...

A xornada de clausura da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do…
O encaixe internacional trae unha mestura de culturas á XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

O encaixe internacional trae unha mestura...

Chegan desde diferentes países: Bulgaria, Eslovaquia, Francia, Gran Canaria, Italia, Polonia, Portugal e República Checa. As voluntarias e voluntarios da…
es_ESEspañol
Este sitio web utiliza cookies. Puedes consultar la Política de Cookies aquí. Si continúas navegando estás aceptándola.    Ver
Privacidad