A deseñadora Sara Lage estará na XXX Mostra do Encaixe, á que tamén acodirá Janet Schulz

Lage en grandes firmas e Schulz en ArtEncaixe van completando o cartel de persoas do mundo da moda e da artesanía que integrarán o triséximo aniversario do evento.

Continúanse confirmando nomes das grandes firmas e da sección ArtEncaixe para a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.

Así, a deseñadora Sara Lage e Janet Schulz únense ao elenco para continuar completando un cartel que sitúa a esta cita nunha das máis importantes a nivel internacional.

A coñecida como “La reina del Encaje”, Sara Lage, amósase “tremendamente ilusionada” por poder participar nun evento como a Mostra”. A deseñadora relata que “tanto Camariñas como o Encaixe foi o meu punto de inflexión para despegar na miña carreira e para min é unha cita obrigatoria”, sinala.

“Este ano presento unha colección de noiva onde o patronaxe, a mestura de teas e o aplique do bordado son protagonistas”, subliña.

Janet Shulz é unha marca de accesorios especializada en sombrerería e tocados que naceu co obxectivo de ofrecer propostas diferentes, elegantes e con personalidade, sen deixar de reflictir nos seus deseños as últimas tendencias da moda nacional e internacional.

Posts relacionados

A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

A XXXIII Mostra do Encaixe de...

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
Cristina Gamallo convértese na gañadora do XXX concurso de Noveis Deseñadores coa colección Camino

Cristina Gamallo convértese na gañadora do...

A xornada de clausura da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do…
O encaixe internacional trae unha mestura de culturas á XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

O encaixe internacional trae unha mestura...

Chegan desde diferentes países: Bulgaria, Eslovaquia, Francia, Gran Canaria, Italia, Polonia, Portugal e República Checa. As voluntarias e voluntarios da…
es_ESEspañol
Este sitio web utiliza cookies. Puedes consultar la Política de Cookies aquí. Si continúas navegando estás aceptándola.    Ver
Privacidad