Stands, postos internacionais e exhibicións artesás na  XXXIII Mostra do Encaixe

No pavillón Víctor Vigo daranse cita persoas chegadas desde Bulgaria, Eslovaquia, Francia, Italia ou Polonia. As demostracións artesás serán dos oleiros de Buño, de Miyuki e torno de vidro. En clave solidaria, a Ataxia de Friedreich volverá a ter o seu espazo neste evento.

A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña dará para moito, e o visitante poderá adquirir nos diversos postos de Encaixe de Camariñas enxoval doméstico, complementos de moda, souvenirs… 

No pavillón Víctor Vigo, desde o 27 ao 31 de marzo, daranse cita persoas chegadas desde Sofía, Bulgaria; Krakovani, Eslovaquia; La Turballe, Francia; Ingenio, Gran Canaria; Gubbio, Novedrate e Trapani, Italia; Bobowa, Polonia; Peniche e Serra d’el Rei en Portugal e Palickovaní da República Checa.

Ademais, no eido solidario, estará presente outro ano máis a asociación STOF FA, unha entidade que aglutina a persoas afectadas pola Ataxia de Friedreich a nivel nacional, para contribuír a continuar coa investigación que se está a levar a cabo para avanzar no tratamento da enfermidade. Unha iniciativa que nace a partir da petición que María Jesús González Souto

No caso das demostracións, serán tres as que se poderán observar durante esta XXXIII edición: no posto de Artesanía NIA unha exhibición de Miyuki; no posto de Artesanía Corman, co torno de vidro e no da Olaría de Buño, obradoiro de barro o xoves 28 de marzo de 11:30 a 13:00 horas e de 17:00 a 18:30 horas. 

Related posts

The writers Antonio Puertas and Manuel Vázquez present their works at the XXXIII Mostra do Encaixe

Writers Antonio Puertas and Manuel...

The Camariñan Antonio Puertas wrote the book 'Camariñas my corner, Beldoña my boat'. Manuel Vázquez 'The pleasure of rain', a…
The Vice President of the Government, Yolanda Díaz, wears lace earrings from Camariñas, a gift from the City Council

The Vice President of the Government, Yolanda Díaz,...

Sandra Insua met with the Vice President of the Government at FITUR and promised to send her this product. Yolanda Díaz thanked her for the detail…
Thirty-five promising fashion designers will participate in the XXX New Designers Competition of the Camariñas Lace Fair 

Thirty five promises of fashion...

Today, the nine finalist designers of this event were announced, who belong to schools from different parts of Galicia and…
en_GBEN