Ondas do Mar and Andión Clothing, two names known to the public, in the fashion shows of the Big Brands

Ondas do Mar, alter ego of Josefina Campaña, makes the leap from the ArtEncaixe catwalk to the Grandes Firmas catwalk of this thirty-fifth edition. Carmen Mogo and her mother form Andión Clothing, in a small workshop in Galicia doing what they are passionate about.

Sea Waves and Andión Clothing, dous nomes coñecidos do público, estarán nos desfiles das Grandes Firmas da trixésimo quinta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. 

Josefina Campaña, de Camariñas, dá o salto este ano á pasarela de Grandes Firmas desde a de ArtEncaixe, na que participou nas dúas derradeiras edicións. 

“Como boa camariñana, eu síntome moi orgullosa de ensinar a nosa tradición, o que nos levan inculcando as nosas nais. Estes anos fun construíndo a miña marca e neste trixésimo quinto aniversario quero ensinarlle ao Mundo que Sea Waves é unha firma única feita de deseños de Encaixe de Camariñas, mesturados coa propia prenda”, afirma Josefina Campaña. 

“Desde pequena sempre nos inculcaron que o Encaixe era para mantelaría, para toallas, para xogos de cama… E a medida que fun medrando dinme conta que eu podía mesturar este produto coas pintura, que é outra das miñas paixóns. Cada segundo da miña vida teño unha idea na cabeza, cada vez que vexo algo lévoo ao meu terreo, ao meu Encaixe de Camariñas. Ao longo dos anos cambiei a miña forma de pensar, e a día de hoxe vou desfilar cuns deseños na categoría de Grandes Firmas”.

Campaña presentará “a mestura do deseño do Encaixe e o fío, a mestura de ideas que sae cada segundo na miña cabeza e vou amosar que o meu Encaixe, que sae das miñas mans, é único. Non porque sexa mellor que o de ninguén, senón porque só se fai unha peza de cada un. Quero ensinar o mundo que Sea Waves merece a pena, e merece moito”, afirma.

A camariñana agradece “á miña parella e ás miñas fillas, que me apoian en todo o que fago, e presumo diso. Somos un equipo e sen eles non podería ter feito isto.”

Ondas do Mar and Andión Clothing, two names known to the public, in the fashion shows of the Big Brands

Carmen Mogo e súa nai forman Andión Clothing, que fan o que lles apaixoa nun pequeno taller de Galicia rodeado de carballos, eucaliptos e millo; “sempre a man e co resto de mulleres que dan forma á pequena gran familia que é Andion Clothing”, son outro dos nomes coñecidos pola familia do evento palilleiro. 

“Desde pequena ía con miña nai a Camariñas, á Mostra, da que ela sempre formaba parte ou estaba implicada dalgún xeito. Así que non só participo por terceiro ano; a Mostra leva sendo parte da miña vida dunha maneira ou doutra. Este ano quixemos darlle aínda máis protagonismo ao Encaixe e demos un pasiño máis, xa que imos pola banda da noiva contemporánea pero sempre con base de tradición nos tecidos. Vir á Mostra e ver cos teus propios ollos o traballo que hai detrás, ese proceso tan bonito, tan laborioso e tan único contribúe a valorar o que facemos e tamén axuda a cambiar a perspectiva á hora de investir en algo que tamén merece a pena, pois ten unha historia detrás e, sobre todo, futuro por diante”, asegura Carmen.

Related posts

'A sea of piques' that will fill Easter at the XXXIV Lace Exhibition Provincial Council of A Coruña

'A sea of spades' that will fill...

The official inauguration of the event took place today, in which the mayor of Camariñas, the president of the…
The XXXIII Camariñas Lace Exhibition surprises 16,689 people

The XXXIII Lace Show of...

The day with the highest attendance was Friday, March 29, with 6,318 people. Notable was the spectacular number of…
Cristina Gamallo becomes the winner of the XXX New Designers competition with the Camino collection

Cristina Gamallo becomes the winner of the...

The closing day of the XXXIII Camariñas Lace Exhibition of the Provincial Council of A Coruña served to meet the winners of the…
en_GBEN
Logo-XXXIV-Sample-of-Encaixe-min
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.