A deseñadora Charo López no ArtEncaixe da XXX Mostra do Encaixe

A XXX Mostra do Encaixe Deputación da Coruña traerá como principal novidade a sección ArtEncaixe, o desfile na que a artesanía será protagonista.

Nesta pasarela, un dos nomes destacados será o de Charo López, onde presentará os seus deseños nos que as plumas e as flores serán os elementos máis destacados.

Para a deseñadora será a súa terceira participación, a primeira en solitario, xa que nas dúas edicións anteriores colaborara con Edith del Valle e Amaya Fernández.

Para este triséximo aniversario, Charo recupera o tocado de convidada, pezas artesás que “aínda que non representarán a identidade da miña marca, xa que toda a miña actividade a adico á noiva, o público si que poderá contemplar como emprego as técnicas de sombrerería nos elementos que presentarei en Camariñas”, sinala.

“O Encaixe é un produto moi versátil, co que se pode xogar para chegar a resultados como os que poderedes neste primeiro ArtEncaixe”. Charo López admite sentir “moita ilusión” por acodir a Camariñas nunha edición “especial en todos os sentidos”.

A deseñadora Charo López no ArtEncaixe da XXX Mostra do Encaixe

Related posts

The XXXIII Camariñas Lace Exhibition surprises 16,689 people

The XXXIII Lace Show of...

The day with the highest attendance was Friday, March 29, with 6,318 people. Notable was the spectacular number of…
Cristina Gamallo becomes the winner of the XXX New Designers competition with the Camino collection

Cristina Gamallo becomes the winner of the...

The closing day of the XXXIII Camariñas Lace Exhibition of the Provincial Council of A Coruña served to meet the winners of the…
International lace brings a mix of cultures to the XXXIII Camariñas Lace Fair

International lace brings a mix...

They come from different countries: Bulgaria, Slovakia, France, Gran Canaria, Italy, Poland, Portugal and the Czech Republic. The volunteers of the…
en_GBEnglish (UK)
This website uses cookies. You can see the Cookies Policy here. If you continue browsing you are accepting it.    See
Privacidad