A vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz, loce uns pendentes de encaixe de Camariñas, agasallo do Concello

Sandra Insua reuniuse coa vicepresidenta do Goberno en FITUR e comprometeuse a enviarlle este produto. Yolanda Díaz agradeceu o detalle e confirmou que intentará estar este ano na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.

A vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz, fixo gala nas súas últimas aparicións públicas duns pendentes de encaixe de Camariñas que lle foron enviados polo Concello como agradecemento polo encontro mantido en FITUR coa alcaldesa, Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes. 

Sandra Insua reuniuse en Madrid coa vicepresidenta e comprometeuse a enviarlle este produto. No envío, acompañando aos pendentes, ía unha invitación invitándoa a participar na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas. 

Na súa resposta, Yolanda Díaz  salientou o bo traballo que se fai desde o Concello para a comercialización e internacionalización do encaixe e cun “vémonos na Mostra” confirmou que intentará participar este ano nalgún dos días nos que se celebra o evento en Semana Santa. 

Related posts

A vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz, loce uns pendentes de encaixe de Camariñas, agasallo do Concello

A vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz,...

Sandra Insua reuniuse coa vicepresidenta do Goberno en FITUR e comprometeuse a enviarlle este produto. Yolanda Díaz agradeceu o detalle…
Thirty-five promising fashion designers will participate in the XXX New Designers Competition of the Camariñas Lace Fair 

Thirty five promises of fashion...

Today, the nine finalist designers of this event were announced, who belong to schools from different parts of Galicia and…
Uxía Loureiro convértese na gañadora do XXIX concurso de Noveis Deseñadores coa colección A Orixe

Uxía Loureiro convértese na gañadora do...

Tecer, de Fabiola Santos Baña, acadou o segundo posto do certame, mentres que F.37, de Sofía Sánchez Rey e Santiago…
en_GBEnglish (UK)
This website uses cookies. You can see the Cookies Policy here. If you continue browsing you are accepting it.    See
Privacidad