A tradición e a innovación únense na XXX Mostra da man do novo desfile de ‘ArtEncaixe’

Na xornada de hoxe, sábado 9 de outubro, tamén se levaron a cabo os primeiros pases do concurso de Noveis Deseñadores. Ademais, repetiron os ‘Grandes Deseñadores’ e a París de Noia presentou no recinto da Mostra a súa ‘Xira no Camiño’

A XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña continúa. Trala inauguración, o protagonismo da segunda xornada foi para o novo desfile de ‘ArtEncaixe’, no que a tradición e a innovación únense para crear fermosas pezas con encaixe.

Son 11 os e as participantes que aplican o encaixe nas súas pezas de artesanía: Amorote Workshop, Ana Miguens, Charo López Atelier, Egueire ONG, Estilo Aramar, Janet Schulz, La Parabólica de Julia de la Cal, Noelia Peña, Pilar Rodríguez de ‘En Lá’, Silvereia e Xelis Luaces.

“É unha aposta máis que facemos desde a Mostra para continuar coa nosa filosofía de que o encaixe ten múltiples aplicacións e é un elemento que da un toque diferencial a calquera peza”, explicou a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro.

Nesta data de sábado, 9 de outubro, tamén se levaron a cabo os primeiros pases do XXVII concurso de Noveis Deseñadores, no que se repartirán un total de 4.500 euros en premios e participan 24 mozas e mozos que están a dar os primeiros pasos no mundo da moda.

Máis tarde, chegaron os ‘Grandes Deseñadores’, que nesta ocasión son: Amaya Fernández, Ana Cabranes, Bikkos, Claudina Mata, Dolores Cortés, Edith del Valle, Esteban Freiría, José Mateos, Lalacó Atelier, Sara Lage, e María Campaña, firma local.

Para rematar a xornada, a pasarela da Mostra do Encaixe acolleu a presentación da ‘Xira no Camiño’ da orquestra París de Noia, que encheu de música o Porto de Camariñas cun concerto especial para XXX Mostra do Encaixe.

Related posts

The XXXIII Camariñas Lace Exhibition surprises 16,689 people

The XXXIII Lace Show of...

The day with the highest attendance was Friday, March 29, with 6,318 people. Notable was the spectacular number of…
Cristina Gamallo becomes the winner of the XXX New Designers competition with the Camino collection

Cristina Gamallo becomes the winner of the...

The closing day of the XXXIII Camariñas Lace Exhibition of the Provincial Council of A Coruña served to meet the winners of the…
International lace brings a mix of cultures to the XXXIII Camariñas Lace Fair

International lace brings a mix...

They come from different countries: Bulgaria, Slovakia, France, Gran Canaria, Italy, Poland, Portugal and the Czech Republic. The volunteers of the…
en_GBEnglish (UK)
This website uses cookies. You can see the Cookies Policy here. If you continue browsing you are accepting it.    See
Privacidad