41 promising fashion designers will participate in the XXXI New Designers Competition 

O Concello de Camariñas fixo pública hoxe, venres 15 de decembro, a lista das 41 persoas finalistas que participarán no XXXI Concurso de Noveis Deseñadores, que se celebrará durante a XXXIV Mostra do Encaixe De Camariñas Deputación da Coruña. 

O xurado seleccionou do total de memorias, as dos seguintes deseñadores e deseñadoras: Estefanía Organz Fernández e Pedro Orgaz Fernández (Culleredo); Johaness Eduardo Senior Paz (Vigo); Hugo Castro Oubiña e Lucas Pérez Paz (Cambre e Betanzos); Paula Quinteiro Rodríguez (Vigo); Paula Mourón Tojo e Diego Amado Martínez (Ames e A Coruña); Antonio Daniel Abad Ramírez (Ribeira); Adriana Lado Fernández (Cee); Iria González Fernández (Lugo); Onitze Aramburu Sánchez e Sofía Puertas Sömme (Okondo, Álava, e Berango, Vizcaya); Niskar Mariela Romero Chamorro (A Coruña); Elisabeth Millán Sánchez (Vigo); Alicia Santay Vázquez (Vedra); Laura Naroa Boroboio Alende, Giovanni Sestini e María Jia Docampo Rimada (Santiago, A Coruña e A Coruña); Iria Navarrete Ponte (Vigo); Marina Lamela Vallejo (Santiago); Laura Villar Loureiro (Guitiriz); Noelia Picadizo Villar (Rois); Laura Fernández de Bobadilla e Miguel San Sebastián (Santander e Torrelavega); Valeria Argüelles Villadonga e Celia Aldama González (Carreño e Avilés); Lucía Merino Herrero e Clara Fernández Souto (Valladolid e A Coruña); Soraya Arce Cavada (Colindres, Cantabria); Yara González Barral (Melide); Clara Rey Iglesias, Lucía Janeiro González e Antonio Soto Lago (A Coruña, Forcarei e Marín); Nerea Torres Tobío (Sigüeiro); Kharize Zanella Polón e Julián Barrosa Domínguez (Santiago de Compostela e Ribeira); Mikel Basterretxea Tranche, Maialen Heredero Paraje e Nagore Alinso Torre (Vizcaya); Josu Santos Blanco (Sobrado do Bispo); e Aroa Lemos Mota e Carlota Izquierdo María (Barberá del Vallés e Barcelona). 

A maior parte das persoas seleccionadas pertencen aos seguintes colexios: Goymar, Escuela de Artes y Oficios de Vigo, Universidad Rey Juan Carlos, Paseo das Pontes, EASD Mestre Mateo, Susa Suárez, CESINE e ESDI.  

Na pasarela da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas desfilarán un total de 28 coleccións:Mitra, Santos do meu pobo, Threads of the sea, Ondas de Luz, LP2D, Mallo x Luna: conversacións surrealistas, Divina tragicomedia, Contos da miña avoa, APAR, María Antonieta, Muerte a la moda, Marusía, Acqua Vitae, Flores nas pedras, Bella Epoqué, Marea negra, Afertsun, Mulleres de sempre, Amarre, Bicos da Terra, Silvara, Ritual de lume e sombra, Paint it colors, A foliada das árbores, Latexo 2025, Sakura, Dembora e Herencia. 

A concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, quixo “dar os parabéns a todas as persoas finalistas” e animounos a “traballar duro para, dentro duns meses, poder amosar todo o seu talento na pasarela da Mostra e poñerllo difícil ao xurado”.

Related posts

The XXXIII Camariñas Lace Exhibition surprises 16,689 people

The XXXIII Lace Show of...

The day with the highest attendance was Friday, March 29, with 6,318 people. Notable was the spectacular number of…
Cristina Gamallo becomes the winner of the XXX New Designers competition with the Camino collection

Cristina Gamallo becomes the winner of the...

The closing day of the XXXIII Camariñas Lace Exhibition of the Provincial Council of A Coruña served to meet the winners of the…
International lace brings a mix of cultures to the XXXIII Camariñas Lace Fair

International lace brings a mix...

They come from different countries: Bulgaria, Slovakia, France, Gran Canaria, Italy, Poland, Portugal and the Czech Republic. The volunteers of the…
en_GBEnglish (UK)
This website uses cookies. You can see the Cookies Policy here. If you continue browsing you are accepting it.    See
Privacidad