O encaixe do mundo volta á pasarela da Mostra nunha xornada de estreas

Este xoves entraron en escena os desfiles do concurso de Noveis Deseñadores, do ArtEncaixe e das Delegacións Internacionais.

A segunda xornada da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña estivo protagonizada polas Delegacións Internacionais, que amosaron na pasarela que o encaixe non entende de fronteiras e que o seu era un regreso moi agardado despois de non poder asistir á trixésima edición do evento debido ás restricións consecuencia da pandemia.

Este ano os encaixeiros e as encaixeiras internacionais proceden de Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Italia, Polonia, Portugal, República Checa e Suíza.

Hoxe tamén entraron a escena na pasarela da Mostra do Encaixe os participantes do XXVIII concurso de Noveis Deseñadores no que se repartirán un total de 4.500 euros en premios e participarán un total de 25 mozas e mozos que están a dar os primeiros pasos no mundo da moda. Neste primeiro desfile estivo presente o xurado popular, que tomou boa nota das coleccións dos grupos ‘A’ e ‘B’.

Outra das novidades da segunda xornada da trixésimo primeira edición da Mostra foi a dos 12 artesáns chegados de diferentes puntos de Galicia que forman o desfile de ArtEncaixe, demostrando que o encaixe é versátil e pode adaptarse a diferentes materiais. Forman este desfile: Ana Freiría (orfebrería artística), Charo López Atelier (complementos de moda), Estilo Aramar (complementos de moda), Janet Schulz (tocados de noiva), Arteviares (artesanía en vidro), Mar Barral (laboratorio de ideas), Noelia Peña (xoiería de autor con deseños personalizados), Pilar Rodríguez ‘En Lá’ (artesanía en complementos textís), Suso Calo (artesanía en plata e talla), Xelis Luaces (encaje experimental e aplicación), Olería de Buño e ONG Egueire.

Related posts

New website for the Mostra do Encaixe: modernity, accessibility and an improved experience

Nova web da Mostra do Encaixe:...

A Mostra do Encaixe de Camariñas dá un paso adiante na súa estratexia dixital co lanzamento da súa nova páxina…
The renowned firm Aveda will be in charge of the hairdressing service on the Mostra do Encaixe catwalk

The renowned firm Aveda will be the...

The brand, which participates in fashion shows all over the world, will send a team of between 8 and 10 people to…
The renowned soprano Soledad Vidal will perform at the XXXIV Camariñas Lace Festival Provincial Council of A Coruña

The renowned soprano Soledad Vidal will perform...

The artist, originally from Camelle, and the pianist Aurelio Viribay will provide the soundtrack to the event with their show 'Cantares…
en_GBEN