XXX Mostra do Encaixe

Actualidade da Mostra do Encaixe

O encaixe de Camariñas percorrerá os colexios de toda Galicia

Proxecto ‘A Caramiña vai palillar aos coles’

Este luns 2 de marzo de 2020 inaugurouse este programa no CEIP San Pedro de Visma e no Centro de Educación Especial Nosa Señora do Rosario, ambos na Coruña. O fío condutor é a mascota ‘A Caramiña’, unha boneca baseada nun debuxo dunha nena palilleira. Na acción participan activamente os nenos e nenas da escola municipal de palillo.

¿Onde está o encaixe no cartel da XXX Mostra?

Neste post, a nosa experta palilleira, desvelanos tódolos secretos do smoking do protagonista do cartel da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas. Aínda que non o pareza este traxe está cheo de detalles de Encaixe de Camariñas.

O Spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

Spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

O Spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas, protagonizado por Damián Álvarez e Tamara Rey e íntegramente realizado por profesionais da Costa da Morte para celebrar os trinta anos do evento encaixeiro máis importante do mundo.

Presentada en FITUR a XXX Mostra do Encaixe

O cartel da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas está protagonizado polo modelo internacional da Costa da Morte Damían Álvarez. Unha clara aposta pola universalización do Encaixe de Camariñas

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad