Remata unha semana de desfiles e comercialización do encaixe nas redes pola II Mostra Virtual

Este domingo 4 de abril de 2021 foi o último día no que os postos participantes ofrecerán a través das redes sociais do evento produtos relacionados co encaixe con ofertas especiais. Tivo lugar a clausura institucional e os espectadores puderon ver máis vídeos do certame de Jovenes Deseñadores e tamén tivo o seu espazo o voluntariado.

Este domingo 4 de abril, púxose o punto e final á segunda edición virtual da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña que cambiou o seu funcionamento para centrarse na comercialización do encaixe e na publicación das coleccións do certame de Jovenes Deseñadores en diferentes enclaves turísticos do municipio.

Este domingo foi o último día no que os postos participantes ofreceron a través do Facebook e da web www.mostra.es unha serie de produtos con encaixe con ofertas especiais.

Na derradeira xornada os espectadores puderon presenciar a clausura institucional, máis vídeos do certame de Jovenes Deseñadores e unha pequena homenaxe ao voluntariado que ano tras ano colabora no funcionamento da Mostra.

A clausura correu a cargo da directora da Mostra, Dolores Lema, e da concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro. Ademais, tamén houbo espazo para a música xa que o Grupo Jaque quixo formar parte deste evento cunha versión propia da coñecida canción ‘Camariñas’.

Posts relacionados

A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

A XXXIII Mostra do Encaixe de...

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
Cristina Gamallo convértese na gañadora do XXX concurso de Noveis Deseñadores coa colección Camino

Cristina Gamallo convértese na gañadora do...

A xornada de clausura da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do…
O encaixe internacional trae unha mestura de culturas á XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

O encaixe internacional trae unha mestura...

Chegan desde diferentes países: Bulgaria, Eslovaquia, Francia, Gran Canaria, Italia, Polonia, Portugal e República Checa. As voluntarias e voluntarios da…
es_ESEspañol
Este sitio web utiliza cookies. Puedes consultar la Política de Cookies aquí. Si continúas navegando estás aceptándola.    Ver
Privacidad