Camariñas presentará su campaña turística en el XXXIV Salón del Encaje de Madrid, en la Feria Internacional de Turismo 'Fitur' 2025

Sandra Insua presentará o xoves 23 de xaneiro, no stand de Turespaña, a campaña turística para 2025 e a trixésimo cuarta edición da Mostra.  O vídeo turístico e o cartel da Mostra lucirán nas pantallas de Callao e Gran Vía e tamén nas do Mercado de San Miguel durante toda a semana.  Tamén se estreará en Fitur a camiseta oficial da Mostra, deseñada por Esteban Freiría.

    O Concello de Camariñas volve, outro ano máis, á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra en IFEMA (Madrid) para presentar, o próximo xoves ás 17:30 horas no stand de Turespaña, a súa campaña turística para este ano e a XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.

    A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, será a encargada de dar a coñecer o vídeo turístico promocional e o motivo escollido para o cartel desta edición da Mostra, que se celebrará en Semana Santa do 17 ao 20 de abril.

    A rexedora avanza que “tanto o vídeo como o cartel están moi ligados á nosa terra e á nosa tradición, pola súa temática e porque están feitos e protagonizados por veciños de Camariñas e da Costa da Morte”. “Estou desexando que chegue o momento de que se faga público, seguro que vai a gustar”, afirma.

    Pantallas no centro de Madrid

    Como ven sendo habitual nos últimos anos, e co obxectivo de contribuír á promoción turística do evento e do municipio, a XXXIV edición da Mostra lucirá en pleno centro de Madrid. Así, aproveitando a presencia en FITUR, o Concello programou que durante toda a semana se proxecte o vídeo turístico nas grandes pantallas dixitais de Callao e Gran Vía e nas do frecuentado Mercado de San Miguel, onde tamén se verá o cartel da Mostra. 

    O obxectivo desta acción publicitaria é o de continuar a promocionar o turismo en Camariñas fora das nosas fronteiras, xunto á Mostra do Encaixe, para atraer un maior número de visitantes ao longo de todo o ano.

    Máis accións promocionais

    Como novidade deste ano, aproveitarase a presentación no stand de Turespaña para dar a coñecer a camiseta oficial da trixésimo cuarta edición da Mostra, que este ano volverá a estar deseñada polo deseñador galego aficando en Marbella, Esteban Freiría.

    Ademais, dentro da axenda que a expedición de Camariñas ten prevista para Fitur, está marcada unha reunión no stand da Comunidad de Madrid con representantes do Ayuntamiento de Valdemorillo, para estudar unha posible colaboración entre os dous municipios, unidos pola tradición do encaixe e das palilleiras.

    Posts relacionados

    A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

    A XXXIII Mostra do Encaixe de...

    O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
    Cristina Gamallo convértese na gañadora do XXX concurso de Noveis Deseñadores coa colección Camino

    Cristina Gamallo convértese na gañadora do...

    A xornada de clausura da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do…
    O encaixe internacional trae unha mestura de culturas á XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

    O encaixe internacional trae unha mestura...

    Chegan desde diferentes países: Bulgaria, Eslovaquia, Francia, Gran Canaria, Italia, Polonia, Portugal e República Checa. As voluntarias e voluntarios da…
    es_ESEspañol
    Este sitio web utiliza cookies. Puedes consultar la Política de Cookies aquí. Si continúas navegando estás aceptándola.    Ver
    Privacidad