A expansión do coronavirus obriga a cancelar a XXX Mostra do Encaixe

A expansión do coronavirus obriga ao Concello a cancelar a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas. A alcaldesa, Sandra Insua, anunciou esta medida de urxencia hoxe nunha rolda de prensa. A trinta edición do evento celebrarase no ano 2021.

Ante as indicacións emitidas pola Consellería de Sanidade, recomendando que non se celebre ningún gran evento debido á situación de urxencia xerada pola expansión do Coronavirus, o Concello de Camariñas decidiu cancelar a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas, que se ía a celebrar do 8 ao 12 de abril.

A alcaldesa, Sandra Insua, explicou hoxe a decisión e precisou que “sería unha irresponsabilidade pola nosa parte continuar adiante coa organización dun evento que, como cada ano, congregará a miles de persoas de diferentes procedencias”.

“Hoxe non é un bo día, nunca pensei en verme obrigada como alcaldesa a suspender a Mostra do Encaixe pero o meu corazón non debe antepoñerse á miña cabeza nin á responsabilidade que me transferiron os cidadáns de Camariñas nas pasadas eleccións”, continuou.

A rexedora quixo tamén pedir desculpas ao sector da hostalaría, que se verá claramente afectado por esta decisión, e tamén aos deseñadores, ás delegacións internacionais e aos voluntarios que ano tras ano participan na Mostra do Encaixe.

“Esta era unha edición moi especial para todos, tanto para nós como goberno como para os veciños e veciñas de Camariñas, xa que celebrábamos os trinta anos de vida da Mostra con múltiples novidades como o desfile do ‘ArtEncaixe’, un gran concerto, vídeo mappings… Pero cremos que a seguridade é o primeiro e, visto o contexto de incerteza no que nos atopamos, non a podíamos garantir ao cen por cen”, recalcou.

Ademais, Sandra Insua anunciou que ”a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas celebrarase no ano 2021 ante a imposibilidade de atopar a estas alturas datas dispoñibles para poder realizar o evento con todas as garantías” e tamén garantiu que “traballaremos conxuntamente entre todos para atopar solucións que mitiguen o impacto que suporá esta triste cancelación”.

Related posts

The 'Gourmet between laces' space repeats at the XXXIV Camariñas Lace Fair 

The 'Gourmet between laces' space repeats...

An area dedicated to the food sector will be re-enabled, where food trucks and other types of…
The XXXIII Camariñas Lace Exhibition surprises 16,689 people

The XXXIII Lace Show of...

The day with the highest attendance was Friday, March 29, with 6,318 people. Notable was the spectacular number of…
Cristina Gamallo becomes the winner of the XXX New Designers competition with the Camino collection

Cristina Gamallo becomes the winner of the...

The closing day of the XXXIII Camariñas Lace Exhibition of the Provincial Council of A Coruña served to meet the winners of the…
en_GBEN