12 grandes firmas, 12 na sección ArtEncaixe, 25 noveis deseñadores, VodaEncaixe, delegacións internacionais, palilleiras e moito máis na XXXI Mostra do Encaixe

O evento arrincará mañá oficialmente ás 17:00 horas co acto de inauguración no que participarán a alcaldesa de Camariñas, o presidente da Deputación da Coruña, a subdelegada do Goberno e o delegado da Xunta de Galicia.

Este mércores 13 de abril, arrincará a triséximo primeira edición da Mostra do Encaixe Deputación da Coruña, que contará, ata o domingo 17 de abril, cun total de 12 grandes firmas, 12 participacións na sección ArtEncaixe, 25 noveis deseñadores, o novidoso espazo de VodaEncaixe, encontros de palilleiras, os concertos de Xabier Díaz, Irma Macías ou El Combo Dominicano, música tradicional e moito máis.

A inauguración oficial será mañá, mércores 13 de abril, a partir das 17 horas no pavillón da Mostra do Encaixe. Intervirán a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a subdelegada do Goberno, María Rivas; e o delegado da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor.

Ás 18:00 horas celebrarase o desfile PequeEncaixe, para posteriormente dar paso á pasarela de Grandes Deseñadores, coa actuación de Irma Macías para recadar fondos para a Asociación Ataxia STOP FA. Este ano, como novidade, o coordinador dos desfiles será o modelo internacional Damián Álvarez, a través da súa empresa Gubem Event.

O custe será de dous euros para o pase ao recinto, e dous euros para cada desfile. Poderase adquirir un pase para a entrada ao recinto e un desfile por tres euros e un bono para a entrada ao recinto todos os días máis un desfile por día por doce euros. Será indispensable o uso de máscara sanitaria.

LEMBRAMOS:

  • Día: 13 de abril 2022
  • Hora: 17:00 horas
  • Recinto: pavillón Víctor Vigo de Camariñas, rúa Eugenio López, 12
  • Intervirán: a alcaldesa, Sandra Insua; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; a subdelegada do Goberno, María Rivas; e o delegado da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor.

Related posts

The XXXIII Camariñas Lace Exhibition surprises 16,689 people

The XXXIII Lace Show of...

The day with the highest attendance was Friday, March 29, with 6,318 people. Notable was the spectacular number of…
Cristina Gamallo becomes the winner of the XXX New Designers competition with the Camino collection

Cristina Gamallo becomes the winner of the...

The closing day of the XXXIII Camariñas Lace Exhibition of the Provincial Council of A Coruña served to meet the winners of the…
International lace brings a mix of cultures to the XXXIII Camariñas Lace Fair

International lace brings a mix...

They come from different countries: Bulgaria, Slovakia, France, Gran Canaria, Italy, Poland, Portugal and the Czech Republic. The volunteers of the…
en_GBEN