Stolt Sea Farm volve a ser un dos principais patrocinadores da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

A alcaldesa, Sandra Insua, formalizaron o acordo co director de Sustentabilidade da empresa, Carlos Tavares, que tamén inclúe unha degustación de rodaballo.

A empresa Stolt Sea Farm, dedicada á explotación da acuicultura e que conta cunha planta de produción de peixes planos no Cabo Vilán de Camariñas, volverá a ser un dos principais patrocinadores da XXXI Mostra do Encaixe que se celebrará do 13 ao 17 de abril.

Así o acordaron a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua; a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro; a directora da Mostra, Dolores Lema; co director de Sustentabilidade de Stolt Sea Farm, Carlos Tavares, nunha reunión na que se estableceron as principais liñas do acordo de colaboración entre ambas entidades.

A acuicultura é un sector de importancia estratéxica para Camariñas, e Stolt Sea Farm constitúe na actualidade unha das máis importantes actividades económicas do municipio polo volume de riqueza e traballo que xera, o que fai que os veciños e veciñas da vila recoñezan e se sintan identificados coa marca.

Así, a empresa aportará unha importante contribución para a promoción do Encaixe de Camariñas, co obxectivo de financiar as actividades que sexan necesarias para poñer en valor á muller como elemento dinamizador do municipio a través da súa labor de palilleira. Ademais, organizará unha degustación de rodaballo no recinto da Mostra.

Polo tanto, e como contraprestación, a imaxe corporativa de Stolt Sea Farm estará presente durante toda a Mostra do Encaixe e tamén nas actividades previas e posteriores que se leven a cabo relacionadas co evento.

Related posts

New website for the Mostra do Encaixe: modernity, accessibility and an improved experience

Nova web da Mostra do Encaixe:...

A Mostra do Encaixe de Camariñas dá un paso adiante na súa estratexia dixital co lanzamento da súa nova páxina…
The renowned firm Aveda will be in charge of the hairdressing service on the Mostra do Encaixe catwalk

The renowned firm Aveda will be the...

The brand, which participates in fashion shows all over the world, will send a team of between 8 and 10 people to…
The renowned soprano Soledad Vidal will perform at the XXXIV Camariñas Lace Festival Provincial Council of A Coruña

The renowned soprano Soledad Vidal will perform...

The artist, originally from Camelle, and the pianist Aurelio Viribay will provide the soundtrack to the event with their show 'Cantares…
en_GBEN